Français 3ºESO 2024-25
Clase

Acerca de
Lengua Francesa para 3ºESO
CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN FRANCÉS 3º ESO
Durante as dúas primeiras semanas realizaranse diferentes actividades de avaliación inicial para coñecer o punto de partida dos alumnos nesta área.
Será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico da alumna ou alumno no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.
A proba incluirá diversas cuestións relacionadas coa reflexión sobre a lingua, sociolingüística, literatura e hábitos lectores referidos ao aprendido no nivel ou etapa anterior.
Durante o curso realizaranse proxectos e actividades comunicativas avaliados a través de táboas de indicadores (rúbricas, escalas de valoración etc) e probas escritas.
Para a aplicar os criterios de cualificación ao longo de todo o curso, tomaranse como referencia as porcentaxes establecidas en cada unidade didáctica para cada un destes instrumentos de avaliación.
FERRAMENTAS |
PORCENTAXE |
Probas de avaliación escritas |
30% |
Probas de comprensión oral |
15% |
Probas de comprensión escrita |
15% |
Probas de expresión oral |
15% |
Probas de expresión escrita |
15% |
Evidencias de actitude e interese |
10% |
Cualificación total |
100% |
TIPOS DE AVALIACIÓN:
-
Avaliación continua: Observación e rexistro da participación e o progreso dol alumnado.
-
Probas escritas e orais: Exames de gramática e vocabulario, presentacións orais , e probas de comprensión oral/escrita.
-
Traballos e proxectos: Proxectos individuais ou en grupo, redaccións, traballos de investigación.
-
Autoavaliación e coavaliación: Reflexión sobre a propia aprendizaxe e avaliación entre compañeiros.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
-
1. Comprender a información esencial e detalles específicos en mensaxes orais complexas.
-
2. Participar activamente e de maneira adecuada en conversacións e debates.
-
3. Ler, comprender e analizar textos escritos de diversa índole.
-
4. Escribir textos coherentes e cohesivos, adecuados a distintos contextos.
-
5. Mostrar interese e respecto por aspectos culturais dos países francófonos e reflexionar sobre eles.
Realizaranse tres avaliacións ordinarias e unha final, esta última para o alumnado que non consiga superar a materia.
A nota de cada trimestre corresponderase coa cualificación das actividades de avaliación das unidades didácticas abranguidas nel, aplicando a ponderación entre elas. Para o cálculo da cualificación ordinaria do curso, farase a media aritmética das notas medias dos tres trimestres.
Para superar a materia, o alumnado deberá ter unha media aritmética de cualificación de 5 puntos ou superior tendo en conta o conxunto de actividades de avaliación (e recuperación no seu caso), sendo as probas escritas só unha parte delas.
Así mesmo, e tal como corresponde a unha materia lingüística, todas as respostas ás probas tanto orais como escritas deberán ser contestadas en lingua francesa, podendo ser causa de o alumno ou alumna non superar a proba por este motivo.
Estándares de Aprendizaxe Avaliables
1. Identifica a idea principal e detalles en audios e conversacións.
2. Utiliza diferentes estruturas lingüísticas en diálogos e debates.
3. Extrae e analiza a información de textos literarios e non literarios.
4. Redacta textos formais e informais.
5. Participa en actividades culturais mostrando coñecemento e respecto cara á diversidade.
Obxectivos Xerais
-
Desenvolver a comprensión e expresión oral e escrita en lingua francesa.
-
Fomentar o uso de estratexias de comunicación en situacións cotiás e académicas.
-
Promover a comprensión intercultural e o respecto pola diversidade lingüística e cultural.
-
Desenvolver a capacidade de aprender de forma autónoma e colaborativa.
-
Potenciar o uso da lingua francesa para acceder á información e adquirir novos coñecementos.
Actividades e Metodoloxía
-
Actividades de comprensión oral: Escoita de audios e visualización de vídeos, exercicios de comprensión auditiva.
-
Actividades de produción oral: Role-plays, debates, presentacións, dramatizacións.
-
Actividades de comprensión escrita: Lectura de textos, análise dos mesmos, resumes e comentarios do texto.
-
Actividades de produción escrita: Redacción de textos formais e informais.
-
Actividades culturais: Investigacións sobre cultura francófona, celebración de festividades, intercambios culturais virtuais, análise de películas e cancións.
Competencias Clave
-
Competencia en comunicación lingüística: Uso adecuado do francés en contextos diversos.
-
Competencia dixital: Uso de ferramentas dixitais para mellorar a aprendizaxe do francés.
-
Competencia de aprender a aprender: Desenvolvemento de estratexias para la autoavaliación e a aprendizaxe autónoma.
-
Competencia social e cívica: Interacción en francés con respecto e comprensión intercultural.
-
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor: Planificación e xestión de actividades en francés.
-
Conciencia e expresións culturais: Apreciación de manifestacións culturais en francés.
Contidos
-
Bloque 1: Comprensión de textos orais
-
Comprensión de diálogos e conversacións en diversos contextos.
-
Identificación da idea principal e detalles específicos.
-
Estratexias de comprensión auditiva.
-
Bloque 2: Produción de textos orais
-
Participación en debates e discusións.
-
Presentacións orais sobre temas académicos e de interese persoal.
-
Uso de recursos lingüísticos para a expresión oral.
-
Bloque 3: Comprensión de textos escritos
-
Lectura de textos literarios e non literarios.
-
Análise de textos.
-
Estratexias de comprensión lectora.
-
Bloque 4: Produción de textos escritos
-
Redacción de textos formais e informais.
-
Uso correcto da gramática e o vocabulario.
-
Planificación, revisión e edición de textos.
-
Bloque 5: Coñecemento de aspectos socioculturais
-
Profundización en costumes e tradicións dos países francófonos.
-
Análise de fenómenos culturais e sociais.
-
Comparación de aspectos culturais entre os países francófonos e España.