Skip to content
Lengua Extranjera, Idiomas

Galego 4ºESO 2024-25


Clase
Celia Lozano Vázquez
Es necesario código de acceso
Inscribirse

Acerca de

Lingua Galega e Literatura para 4ºESO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN LINGUA GALEGA 4º ESO

 

Durante as dúas primeiras semanas realizaranse diferentes actividades de avaliación inicial para coñecer o punto de partida dos alumnos nesta área.

Será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico da alumna ou alumno no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.

A proba incluirá diversas cuestións relacionadas coa reflexión sobre a lingua, sociolingüística, literatura e hábitos lectores referidos ao aprendido no nivel ou etapa anterior.

Durante o curso realizaranse proxectos e actividades comunicativas avaliados a través de táboas de indicadores (rúbricas, escalas de valoración etc) e probas escritas.

Para a aplicar os criterios de cualificación ao longo de todo o curso, tomaranse como referencia as porcentaxes establecidas en cada unidade didáctica para cada un destes instrumentos de avaliación.

FERRAMENTAS
DE AVALIACIÓN

PORCENTAXE
NA CUALIFICACIÓN

Ferramentas de avaliación do traballo competencial e estándares de aprendizaxe

20%

Probas de avaliación escritas

60%

Probas de avaliación orais

10%

Evidencias de actitude e interese

10%

Cualificación total

100%

Realizaranse tres avaliacións ordinarias e unha final, esta última para o alumnado que non consiga superar a materia.

A nota de cada trimestre corresponderase coa cualificación das actividades de avaliación das unidades didácticas abranguidas nel, aplicando a ponderación entre elas. Para o cálculo da cualificación ordinaria do curso, farase a media aritmética das notas medias dos tres trimestres.

Para superar a materia, o alumnado deberá ter unha media aritmética de cualificación de 5 puntos ou superior tendo en conta o conxunto de actividades de avaliación (e recuperación no seu caso), sendo as probas escritas só unha parte delas.

Alén diso, cómpre salientar que as incorreccións lingüísticas terán unha penalización que se reflectirá na cualificación de cada proba. Por este motivo, poderase aplicar unha penalización de ata un punto e medio na súa cualificación. O profesorado establecerá a puntuación que hai que descontar por cada unha delas, atendendo á súa gravidade. Así mesmo, e tal como corresponde a unha materia lingüística, todas as respostas ás probas tanto orais como escritas deberán ser contestadas en lingua galega, podendo ser causa de o alumno ou alumna non superar a proba por este motivo.

A valoración da lectura comprensiva e reflexiva das obras de lectura obrigatoria contémplase nas unidades didácticas correspondentes.

 

CONTIDOS LINGUA GALEGA 4º ESO

Para obter unha cualificación global positiva o alumnado deberá ter sido avaliado positivamente nos contidos abaixo indicados. Os mínimos esixibles están en relación cos obxectivos que para a etapa sinala o curriculum de galego.

 

Bloque 1. As linguas e os seus falantes

Criterios de avaliación

Obxectivos

CA1.1. Recoñecer e valorar, a partir da explicación da orixe común do galego e do portugués e do seu desenvolvemento histórico e sociolingüístico, as semellanzas e diferenzas entre as dúas linguas, identificando e contrastando os trazos lingüísticos máis salientables e ampliando o repertorio léxico en lingua portuguesa.

OBX1

CA1.2. Recoñecer e valorar as variantes dialectais do galego, identificando os trazos fónicos, gramaticais e léxicos máis característicos dos bloques e das principais áreas lingüísticas, establecendo as diferenzas respecto da norma e distinguindo estes trazos dos sociolectais e de rexistro en manifestacións orais, escritas e multimodais.

OBX1

CA1.3. Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal a partir da análise da diversidade lingüística da contorna escolar e social próxima e da exploración e reflexión sociolingüística sobre os fenómenos de contacto entre linguas e da indagación dos dereitos lingüísticos individuais e colectivos.

OBX1

CA1.4. Valorar a lingua éuscara, analizando as súas características máis salientables para coñecer e comprender a realidade lingüística de España.

OBX1

CA1.5. Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social, partindo da información seleccionada.

OBX6

Contidos

T1- O éuscaro e ao catalán como linguas españolas cooficiais.

T2- Trazos lingüísticos do portugués.

T3- Os dereitos lingüísticos e a lexislación existente sobre a nosa lingua. 

T4- As linguas de contacto, o bilingüismo e a diglosia. 

T5- A consideración social das linguas e aos prexuízos e estereotipos.

T6- As variedades lingüísticas.

T7- As variedades xeográficas.

T8- A normativización. 

T9- As interferencias e desviacións da forma.

Bloque 2. Comunicación

Criterios de avaliación

Obxectivos

CA2.1. Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais, escritos e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.

OBX2

CA2.2. Realizar exposicións e argumentacións orais e escritas de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.

OBX3

CA2.3. Participar de maneira activa e axeitada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.

OBX3

CA2.4. Comprender, valorar e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.

OBX4

CA2.5. Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.

OBX5

CA2.6. Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e reelaborala e comunicala de maneira creativa adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.

OBX6

CA2.7. Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.

OBX6

CA2.8. Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.

OBX9

CA2.9. Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.

OBX10

CA2.10. Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos, procurando consensos, tanto no ámbito persoal como no educativo e no social.

OBX10

Contidos

T1-Vocabulario: a alimentación. Estudo dos textos: as propiedades textuais, Obradoiro de comunicación: aplicacións para realizar presentacións multimedia.

T2-Vocabulario: os estados de ánimo e emocións. Estudo dos textos: as propiedades textuais (a coherencia) Obradoiro de comunicación: estratexias para crear o currículo e o videocurrículo.

T3-Vocabulario: o mundo rural. Estudo dos textos: as propiedades textuais, a cohesión e os conectores. Obradoiro de comunicación: os folletos, dípticos e trípticos.

T4-Vocabulario:as propostas de lecer. Estudo dos textos: o texto administrativo. Obradoiro de comunicación: os pasatempos.

T5-Vocabulario: as letras e libros. Estudo dos textos: o ensaio. Obradoiro de comunicación: o traballo monográfico.

T6-Vocabulario: o mar e os barcos. Estudo dos textos: o texto xornalístico e a crónica. Obradoiro de comunicación: o comentario crítico.   

T7-Vocabulario: o cine. Estudo dos textos: o guión cinematográfico. Obradoiro de comunicación: a curtametraxe.

T8-Vocabulario: a radio e a televisión. Estudo dos textos: a radio e da televisión. Obradoiro de comunicación: o programa de radio.

T9-Vocabulario: Internet e redes sociais. Estudo dos textos: Internet e as redes sociais. Obradoiro de comunicación: os directos de Twitch.

Bloque 3. Educación literaria

Criterios de avaliación

Obxectivos

CA3.1. Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.

OBX4

CA3.2. Valorar criticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados.

OBX4

CA3.3. Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura.

OBX7

CA3.4. Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural.

OBX7

CA3.5. Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.

OBX8

CA3.6. Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais, en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.

OBX8

CA3.7. Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.

OBX8

Contidos

T1- A poesía de vangarda do primeiro terzo do s. XX, a xeración do 25. Algúns dos poetas son Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio ou Álvaro Cunqueiro.

T2- A narrativa do primeiro terzo do s. XX. Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao e Rafael Dieste. Narrativa e teatro.

T3- A poesía entre 1936 e 1975. Celso Emilio Ferreiro, Luz Pozo, Manuel María, Uxío Novoneyra e Xohana Torres.

T4- A narrativa galega entre 1936 e 1975. Eduardo Blanco Amor, xosé Neira Vilas, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole.

T5- A Nova Narrativa Galega. Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé Queizán.

T6- A poesía galega a partir de 1975 . Xosé Luís Méndez Ferrín, Xulio Válcarcel, Gonzalo Navaza, Chus Pato, Miro Villar, Marta Dacosta, Antía Otero, Olga Novo, Ana Romaní ...

T7- A narrativa galega a partir de 1975 e tamén a literatura infantil e xuvenil. Manuel Rivas, Suso de Toro, Diego ameixeiras, Antía Yáñez, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas.

T8- O ensaio e o teatro a partir do 1975. Lucía Villalta, Cándido Pazó, Lino Braxe... ou ensaístas como Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, Xesús alonso Montero, Benito Losada etcétera.

T9- Os novos formatos literarios. Literatura dixital. Hibridación.

Bloque 4. Reflexión sobre a lingua

Criterios de avaliación

Obxectivos

CA4.1. Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.

OBX5

CA4.2. Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.

OBX9

CA4.3. Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.

OBX9

CA4.4. Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, a comparación e a transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.

OBX9

Contidos

T1- Gramática: o sistema fonolóxico galego.

      Ortografía: a acentuación.

T2- Gramática: a sintaxe, a frase e os seus tipos.

      Ortografía: o xénero e o número.

T3- Gramática: a cláusula e as funcións sintácticas.

      Ortografía: os pronome tónicos e átonos.

T4- Gramática: a cláusula e as funcións sintácticas.

      Ortografía: a colocación do pronome átono.

T5- Gramática: a cláusula subordinada substantiva.

      Ortografía: o verbo.

T6- Gramática: a cláusula subordinada adxectiva e adverbial.

      Ortografía: o infinitivo conxugado.

T7- Gramática: a oración.

      Ortografía: as perífrases verbais e o uso de s e x.

T8- Gramática: as relacións semánticas.

      Ortografía: aspectos para escribirmos ben.

T9- Gramática: os cambios semánticos.

      Ortografía: as terminacións e grupos consonánticos -cc- e -ct-. 

 

OBXECTIVOS MÍNIMOS GALEGO 4º ESO

OBX1. Describir e apreciar a diversidade lingüística da península ibérica e do mundo, analizar a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, do portugués, catalán e eúscaro) e as características dialectales do galego para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos, valorar a diversidade e crear vínculos socioafectivos coa lingua galega.
OBX2. Comprender e interpretar textos orais e multimodales recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de #gozar e de lecer.
OBX3. Producir textos orais e multimodales con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4. Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5. Producir textos escritos e multimodales coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6. Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7. Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e para gozar da dimensión social e cultural da lectura.
OBX8. Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9. Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía idónea, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escritura como de recepción crítica.
OBX10. Poñer as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.