Galego 3ºESO 2024-25
Clase

Acerca de
Lingua Galega e Literatura para 3ºESO
CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN LINGUA GALEGA 3º ESO
Durante as dúas primeiras semanas realizaranse diferentes actividades de avaliación inicial para coñecer o punto de partida dos alumnos nesta área.
Será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico da alumna ou alumno no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.
A proba incluirá diversas cuestións relacionadas coa reflexión sobre a lingua, sociolingüística, literatura e hábitos lectores referidos ao aprendido no nivel ou etapa anterior.
Durante o curso realizaranse proxectos e actividades comunicativas avaliados a través de táboas de indicadores (rúbricas, escalas de valoración etc) e probas escritas.
Para a aplicar os criterios de cualificación ao longo de todo o curso, tomaranse como referencia as porcentaxes establecidas en cada unidade didáctica para cada un destes instrumentos de avaliación.
FERRAMENTAS |
PORCENTAXE |
Ferramentas de avaliación do traballo competencial e estándares de aprendizaxe |
20% |
Probas de avaliación escritas |
60% |
Probas de avaliación orais |
10% |
Evidencias de actitude e interese |
10% |
Cualificación total |
100% |
Realizaranse tres avaliacións ordinarias e unha final, esta última para o alumnado que non consiga superar a materia.
A nota de cada trimestre corresponderase coa cualificación das actividades de avaliación das unidades didácticas abranguidas nel, aplicando a ponderación entre elas. Para o cálculo da cualificación ordinaria do curso, farase a media aritmética das notas medias dos tres trimestres.
Para superar a materia, o alumnado deberá ter unha media aritmética de cualificación de 5 puntos ou superior tendo en conta o conxunto de actividades de avaliación (e recuperación no seu caso), sendo as probas escritas só unha parte delas.
Alén diso, cómpre salientar que as incorreccións lingüísticas terán unha penalización que se reflectirá na cualificación de cada proba. Por este motivo, poderase aplicar unha penalización de ata un punto e medio na súa cualificación. O profesorado establecerá a puntuación que hai que descontar por cada unha delas, atendendo á súa gravidade. Así mesmo, e tal como corresponde a unha materia lingüística, todas as respostas ás probas tanto orais como escritas deberán ser contestadas en lingua galega, podendo ser causa de o alumno ou alumna non superar a proba por este motivo.
A valoración da lectura comprensiva e reflexiva das obras de lectura obrigatoria contémplase nas unidades didácticas correspondentes.
CONTIDOS LINGUA GALEGA 3º ESO
Para obter unha cualificación global positiva o alumnado deberá ter sido avaliado positivamente nos contidos abaixo indicados. Os mínimos esixibles están en relación cos obxectivos que para a etapa sinala o curriculum de galego.
Bloque 1. As linguas e os seus falantes |
|
Criterios de avaliación |
Obxectivos |
CA1.1. Recoñecer e valorar, a partir da explicación sobre o desenvolvemento histórico do galego e do portugués, as similitudes e diferenzas entre as dúas linguas, identificando e contrastando algúns dos seus trazos morfolóxicos máis destacables e ampliando o repertorio léxico básico en lingua portuguesa. |
OBX1 |
CA1.2. IValorar a lingua catalá, analizando as súas características máis básicas para coñecer e comprender a realidade lingüística de España. |
OBX1 |
CA1.3. Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural e lingüística a partir da análise da diversidade lingüística do centro escolar e da contorna social próxima e da exploración e reflexión sociolingüística sobre os fenómenos de contacto entre linguas. |
OBX1 |
CA1.4. Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada. |
OBX6 |
Contidos |
|
T1-O nacemento da lingua galego-portuguesa. T2-Ogalego como lingua románica. T3-As linguas da península ibérica. T4-O galego medio, o galego no século XIX. T5-A lusofonía. T6-As variedades lingüísticas do galego. T7-A lingua estándar, vulgarismos, hipergaleguismos, dialectalismos e castelanismos. T8-Os prexuizos lingüísticos. T9-O plurilingüismo. |
|
Bloque 2. Comunicación |
|
Criterios de avaliación |
Obxectivos |
• CA2.1. Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodales de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. |
OBX2 |
• CA2.2. Realizar exposicións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais. |
OBX3 |
|
OBX3 |
• CA2.4. Comprender, valorar críticamente e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodales de certa complexidade que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias e avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados. |
OBX4 |
• CA2.5. Planificar a redacción de textos escritos e multimodales sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro idóneo. |
OBX5 |
• CA2.6. Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual. |
OBX6 |
CA2.7. Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sostible e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información. |
OBX6 |
CA2.8. Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora argumentando os cambios a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica e identificar e aclarar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. |
OBX9 |
CA2.9. Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación. |
OBX10 |
CA2.10. Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos procurando consensos, tanto no ámbito persoal como no educativo e no social. |
OBX10 |
Contidos |
|
T1-Vocabulario sobre os deportes. Os xentilicios. Estudo dos textos: os textos e as súas propiedades. Obradoiro de comunicación. A exposición oral.. T2-Vocabulario sobre a cidade. Os termos contrarios. Elementos dos textos narrativos. Obradoiro de comunicación. O monólogo. T3-Vocabulario sobre as lembranzas e os antropónimos. Os textos descritivos. Obradoiro de comunicación. O vídeo-titorial. T4-Vocabulario sobre os medos e arrepíos e expresións fraseolóxicas interesantes. os antropónimos. O diálogo. o diálogo nos textos narrativos. Obradoiro de comunicación. O podcast. T5-Vocabulario sobre os animais e a creación dos campos semánticos. Os textos expositivos. Obradoiro de comunicación. O texto e o vídeo expositivo. T6-Vocabulario sobre a saúde e algúns neoloxismos.Os textos argumentativos. Obradoiro de comunicación. As redes sociais. T7-O alumnado ampliará o vocabulario sobre o cine, os préstamos e os estranxeirismos. Os xéneros xornalísticos e as entrevistas. Obradoiro de Comunicación (A entrevista) T8-Vocabulario sobre a paisaxe, a natureza, as árbores e os cambios semánticos. Os xéneros xornalísticos, a reportaxe e os xéneros de opinión. Obradoiro de Comunicación (A reportaxe) T9-Vocabulario sobre a publicidade. O eufemismo e o disfemismo. O texto publicitario. Obradoiro de Comunicación (Anuncio publicitario) |
|
Bloque 3. Educación literaria |
|
Criterios de avaliación |
Obxectivos |
CA3.1. Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodales de certa complexidade que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura. |
OBX4 |
CA3.2. Valorar críticamente o contido e a forma de textos de certa complexidade avaliando a súa calidade e fiabilidade, así como a eficacia dos procedementos lingüísticos empregados. |
OBX4 |
CA3.3. Ler de maneira autónoma textos seleccionados en función dos propios gustos, intereses e necesidades e deixar constancia do progreso do propio itinerario lector e cultural explicando os criterios de selección das lecturas, as formas de acceso á cultura literaria e a experiencia da lectura. |
OBX7 |
CA3.4. Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica, lectora e cultural. |
OBX7 |
CA3.5. Explicar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subgéneros literarios. |
OBX8 |
CA3.6. Establecer de maneira progresivamente autónoma vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodales, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura. |
OBX8 |
CA3.7. Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios. |
OBX8 |
Contidos |
|
T1-A literatura galego-portuguesa. A cantiga de amor e a cantiga de amigo. T2-AS Cantigas de escarnio e os Xéneros menores. T3- Lírica relixiosa e a prosa medieval. As cantigas de Santa María. T4-A literatura nos séculos XVI-XVII e na literatura no século XIX. T5- Rosalía de Castro. T6- Curros Enríquez. T7- Eduardo Pondal. T8- A narrativa do século XIX. T9- Os contos, lendas, cantigas, adiviñas... |
|
Bloque 4. Reflexión sobre a lingua |
|
Criterios de avaliación |
Obxectivos |
CA4.1. Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonológico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas (infinitivo persoal, dativo de solidariedade etc.)/ etc.). |
OBX5 |
CA4.2. Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e aclarar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. |
OBX9 |
CA4.3. Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica. |
OBX9 |
CA4.4 Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da observación, a comparación e a transformación de enunciados, así como da formulación de hipótese e a procura de contraejemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas en distintos formatos. |
OBX9 |
Contidos |
|
T1- Gramática: as unidades linguísticas (do fonema ao texto) Ortografía: a acentuación. T2- Gramática: a palabra e as clases de palabras, e a familia léxica. Ortografía: o acento diacrítico e a diérese. T3- Gramática: o substantivo, o xénero e número. Ortografía: o uso do punto, da coma e do punto e coma. T4- Gramática: adxectivo, o xénero, o número e o grao superlativo. Ortografía: o uso dos dous puntos, puntos suspensivos, comiñas e a raia. T5- Gramática: os determinantes. Ortografía: as maiúsculas e as minúsculas. T6- Gramática: sobre os pronomes. Ortografía: o uso de b, v e h. T7- Gramática: o verbo, os verbos regulares, irregulares, formas nominais e perífrases verbais. Ortografía: o uso de s ou x. T8- Gramática: as palabras invariables (adverbio, preposición e conxunción) Ortografía: o emprego correcto das grafías l, ll, n e ñ. T9- Gramática: as unidades sintácticas. Ortografía: o uso de grupos consonánticos. |
OBXECTIVOS MÍNIMOS GALEGO 3º ESO
OBX1. Describir e apreciar a diversidade lingüística da península ibérica e do mundo, analizar a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, do portugués, catalán e eúscaro) e as características dialectales do galego para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos, valorar a diversidade e crear vínculos socioafectivos coa lingua galega.
OBX2. Comprender e interpretar textos orais e multimodales recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de #gozar e de lecer.
OBX3. Producir textos orais e multimodales con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4. Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5. Producir textos escritos e multimodales coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6. Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7. Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e para gozar da dimensión social e cultural da lectura.
OBX8. Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9. Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía idónea, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escritura como de recepción crítica.
OBX10. Poñer as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.