Skip to content
Lengua Extranjera, Idiomas

Galego 2ºESO 2024-25


Clase
Celia Lozano Vázquez
Es necesario código de acceso
Inscribirse

Acerca de

Lingua Galega e Literatura para 2ºESO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN LINGUA GALEGA 2º ESO

Durante as dúas primeiras semanas realizaranse diferentes actividades de avaliación inicial para coñecer o punto de partida dos alumnos nesta área.

Será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico da alumna ou alumno no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.

A proba incluirá diversas cuestións relacionadas coa reflexión sobre a lingua, sociolingüística, literatura e hábitos lectores referidos ao aprendido no nivel ou etapa anterior.

Durante o curso realizaranse proxectos e actividades comunicativas avaliados a través de táboas de indicadores (rúbricas, escalas de valoración etc) e probas escritas.

Para a aplicar os criterios de cualificación ao longo de todo o curso, tomaranse como referencia as porcentaxes establecidas en cada unidade didáctica para cada un destes instrumentos de avaliación.

FERRAMENTAS
DE AVALIACIÓN

PORCENTAXE
NA CUALIFICACIÓN

Ferramentas de avaliación do traballo competencial e estándares de aprendizaxe

20%

Probas de avaliación escritas

60%

Probas de avaliación orais

10%

Evidencias de actitude e interese

10%

Cualificación total

100%

Realizaranse tres avaliacións ordinarias e unha final, esta última para o alumnado que non consiga superar a materia.

A nota de cada trimestre corresponderase coa cualificación das actividades de avaliación das unidades didácticas abranguidas nel, aplicando a ponderación entre elas. Para o cálculo da cualificación ordinaria do curso, farase a media aritmética das notas medias dos tres trimestres.

Para superar a materia, o alumnado deberá ter unha media aritmética de cualificación de 5 puntos ou superior tendo en conta o conxunto de actividades de avaliación (e recuperación no seu caso), sendo as probas escritas só unha parte delas.

Alén diso, cómpre salientar que as incorreccións lingüísticas terán unha penalización que se reflectirá na cualificación de cada proba. Por este motivo, poderase aplicar unha penalización de ata un punto e medio na súa cualificación. O profesorado establecerá a puntuación que hai que descontar por cada unha delas, atendendo á súa gravidade. Así mesmo, e tal como corresponde a unha materia lingüística, todas as respostas ás probas tanto orais como escritas deberán ser contestadas en lingua galega, podendo ser causa de o alumno ou alumna non superar a proba por este motivo.

A valoración da lectura comprensiva e reflexiva das obras de lectura obrigatoria contémplase nas unidades didácticas correspondentes.

 

CONTIDOS LINGUA GALEGA 2º ESO

Para obter unha cualificación global positiva o alumnado deberá ter sido avaliado positivamente nos contidos abaixo indicados. Os mínimos esixibles están en relación cos obxectivos que para a etapa sinala o curriculum de galego.

 

 

Bloque 1. As linguas e os seus falantes

Criterios de avaliación

Obxectivos

CA1.1. Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais.

OBX1

CA1.2. Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal.

OBX1

Contidos

T1- A diversidade lingüística.

T2- As linguas da Península Ibérica.

T3- O galego e o portugués. 

T4- A lingua de signos. 

T5- O galego hoxe.

T6- Os prexuízos lingüísticos.

T7- A normalización e a normativización.

T8- As variedades lingüísticas. 

T9- As variedades xeográficas. 

Bloque 2. Comunicación

Criterios de avaliación

Obxectivos

CA2.1. Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.

OBX2

CA2.2. Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.

OBX2

CA2.3. Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro axeitado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.

OBX3

CA2.4. Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.

OBX3

CA2.5. Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.

OBX4

CA2.6. Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.

OBX4

CA2.7. Planificar e redactar textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, e presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.

OBX5

CA2.8. Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.

OBX6

CA2.9. Revisar os propios textos de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica, e identificar e emendar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.

OBX9

CA2.10. Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.

OBX10

Contidos

T1-Vocabulario: os sentidos e as sensacións. Estudo dos textos: o texto. Obradoiro de comunicación: a exposición oral.

T2-Vocabulario: a escola. Estudo dos textos: as propiedades textuais. Obradoiro de comunicación: o esquema.

T3-Vocabulario: a saúde e as doenzas. Estudo dos textos: as propiedades textuais. Obradoiro de comunicación: o resumo.

T4-Vocabulario:as viaxes. Estudo dos textos: o texto narrativo. A noticia Obradoiro de comunicación: a gráfica.

T5-Vocabulario: as árbores e os froitos. Estudo dos textos: o texto expositivo. Obradoiro de comunicación: o mural e o póster dixital.

T6-Vocabulario: a paisaxe mariña. Estudo dos textos: o texto argumentativo. A publicidade. Obradoiro de comunicación: o debate.   

T7-Vocabulario: o tempo meteorolóxico. Estudo dos textos: o texto xornalístico. O artigo de opinión. Obradoiro de comunicación: a noticia.

T8-Vocabulario: internet e o mundo dixital. Estudo dos textos: o texto dixital. Obradoiro de comunicación: os pasatempos.

T9-Vocabulario: a música. Estudo dos textos: a canción. Obradoiro de comunicación: os xogos de lingua.

Bloque 3. Educación literaria

Criterios de avaliación

Obxectivos

CA3.1. Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.

OBX4

CA3.2. Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.

OBX4

CA3.3. Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.

OBX6

CA3.4. Elaborar traballos de investigación de maneira guiada en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social a partir da información seleccionada.

OBX6

CA3.5. Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.

OBX7

CA3.6. Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora.

OBX7

CA3.7. Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.

OBX8

CA3.8. Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.

OBX8

CA3.9. Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos nos que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.

OBX8

Contidos

T1- A literatura.

T2- Os xéneros literarios..

T3- O teatro.

T4- O conto.

T5- A novela.

T6- A poesía lírica.

T7- A linguaxe poética.

T8- A poesía tradicional. As cantigas.

T9- Novas formas literarias.

Bloque 4. Reflexión sobre a lingua

Criterios de avaliación

Obxectivos

CA4.1. Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.

OBX5

CA4.2. Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.

OBX6

CA4.3. Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica, e identificar e emendar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.

OBX9

CA4.4. Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.

OBX9

CA4.5. Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas.

OBX9

Contidos

T1- Gramática: os fonemas.

      Ortografía: a sílaba.

T2- Gramática: a palabra.

      Ortografía: casos especiais de acentuación.

T3- Gramática: o substantivo.

      Ortografía: o acento diacrítico.

T4- Gramática: o adxectivo.

      Ortografía: os signos de puntuación.

T5- Gramática: o pronome persoal.

      Ortografía: a maiúscula e a minúscula.

T6- Gramática: o verbo.

      Ortografía: a diérese.

T7- Gramática: a oración.

      Ortografía: o uso de b e v.

T8- Gramática: o suxeito e o predicado.

      Ortografía: o uso do h.

T9- Gramática: os complementos.

      Ortografía: o uso de s e x. 

 

OBXECTIVOS LINGUA GALEGA 2º ESO

OBX1. Describir e apreciar a diversidade lingüística da península ibérica e do mundo, analizar a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, do portugués, catalán e eúscaro) e as características dialectales do galego para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos, valorar a diversidade e crear vínculos socioafectivos coa lingua galega.
OBX2. Comprender e interpretar textos orais e multimodales recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de #gozar e de lecer.
OBX3. Producir textos orais e multimodales con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4. Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5. Producir textos escritos e multimodales coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6. Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7. Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e para gozar da dimensión social e cultural da lectura.
OBX8. Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9. Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía idónea, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escritura como de recepción crítica.
OBX10. Poñer as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.