Galego 1ºESO 2024-25
Clase

Acerca de
Lingua Galega e Literatura para 1ºESO
CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN LINGUA GALEGA 1º ESO
Durante as dúas primeiras semanas realizaranse diferentes actividades de avaliación inicial para coñecer o punto de partida dos alumnos nesta área.
Será, xunto coa información obtida a través do Departamento de Orientación e da consulta do expediente académico da alumna ou alumno no XADE, unha ferramenta esencial para que o profesorado poida coñecer o nivel académico do alumnado nas distintas competencias, co fin de poder adaptar o seu proceso de ensinanza e a súa proposta didáctica a ese nivel.
A proba incluirá diversas cuestións relacionadas coa reflexión sobre a lingua, sociolingüística, literatura e hábitos lectores referidos ao aprendido no nivel ou etapa anterior.
Durante o curso realizaranse proxectos e actividades comunicativas avaliados a través de táboas de indicadores (rúbricas, escalas de valoración etc) e probas escritas.
Para a aplicar os criterios de cualificación ao longo de todo o curso, tomaranse como referencia as porcentaxes establecidas en cada unidade didáctica para cada un destes instrumentos de avaliación.
FERRAMENTAS |
PORCENTAXE |
Ferramentas de avaliación do traballo competencial e estándares de aprendizaxe |
20% |
Probas de avaliación escritas |
60% |
Probas de avaliación orais |
10% |
Evidencias de actitude e interese |
10% |
Cualificación total |
100% |
Realizaranse tres avaliacións ordinarias e unha final, esta última para o alumnado que non consiga superar a materia.
A nota de cada trimestre corresponderase coa cualificación das actividades de avaliación das unidades didácticas abranguidas nel, aplicando a ponderación entre elas. Para o cálculo da cualificación ordinaria do curso, farase a media aritmética das notas medias dos tres trimestres.
Para superar a materia, o alumnado deberá ter unha media aritmética de cualificación de 5 puntos ou superior tendo en conta o conxunto de actividades de avaliación (e recuperación no seu caso), sendo as probas escritas só unha parte delas.
Alén diso, cómpre salientar que as incorreccións lingüísticas terán unha penalización que se reflectirá na cualificación de cada proba. Por este motivo, poderase aplicar unha penalización de ata un punto e medio na súa cualificación. O profesorado establecerá a puntuación que hai que descontar por cada unha delas, atendendo á súa gravidade. Así mesmo, e tal como corresponde a unha materia lingüística, todas as respostas ás probas tanto orais como escritas deberán ser contestadas en lingua galega, podendo ser causa de o alumno ou alumna non superar a proba por este motivo.
A valoración da lectura comprensiva e reflexiva das obras de lectura obrigatoria contémplase nas unidades didácticas correspondentes.
CONTIDOS LINGUA GALEGA 1º ESO
Para obter unha cualificación global positiva o alumnado deberá ter sido avaliado positivamente nos contidos abaixo indicados. Os mínimos esixibles están en relación cos obxectivos que para a etapa sinala o curriculum de galego.
Bloque 1. As linguas e os seus falantes |
|
Criterios de avaliación |
Obxectivos |
CA1.1. Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais. |
OBX1 |
CA1.2. Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal. |
OBX1 |
Contidos |
|
• Observación da propia biografía lingüística e da diversidade lingüística da aula. As familias lingüísticas e as linguas do mundo. Sistemas de escritura. Nocións básicas: fórmulas de saúdo e despedida, agradecemento e desculpa. • Recoñecemento das linguas da península ibérica, especialmente do portugués, do eúscaro e do catalán. • Os países lusófonos: localización, poboación, costumes... Coñecemento das primeiras nocións de lingua portuguesa. A ortografía. Semellanzas e diferenzas existentes cos sistemas ortográficos galegos. Iniciación ao coñecemento do léxico. • Iniciación á reflexión interlingüística. • Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos do galego e exploración das formas de evitalos.. |
|
Bloque 2. Comunicación |
|
Criterios de avaliación |
Obxectivos |
• CA2.1. Valorar a forma e o contido de textos escritos, orais e multimodales sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. |
OBX2 |
• CA2.2. Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais. |
OBX3 |
|
OBX3 |
• CA2.4. Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodales sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias. |
OBX4 |
• CA2.5. Planificar e redactar textos escritos e multimodales sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, tras a súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado. |
OBX5 |
• CA2.6. Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual. |
OBX6 |
CA2.7. Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sostible e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información. |
OBX6 |
CA2.8. Revisar os propios textos de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando os cambios a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica e identificar e retocar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. |
OBX9 |
CA2.9. Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica. |
OBX9 |
CA2.10. Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación. |
OBX10 |
Contidos |
|
T1-Vocabulario sobre os animais e as infografías. Tipos de textos, comprensión de textos orais, multimodais e escritos, interpretación e análise de textos, valoración e reflexión sobre as lecturas. Obradoiro de comunicación (A infografía). T2-Vocabulario sobre o corpo e a polisemia. Os elementos dos textos narrativos e a súa estrutura. Obradoiro de comunicación (Microrrelato) T3-Vocabulario sobre a forma de ser das persoa. Principais recursos e tipos da descrición. O autorretrato. T4-Vocabulario sobre as profesións, a antonimia e os diferentes tipos de textos dialogados e as súas características, o diálogo no cómic, as marcas ortográficas do diálogo. Obradoiro de Comunicación (Mapa conceptual) T5-Vocabulario sobre a ecoloxía e afondará sobre a homonimia e os textos expositivos. Obradoiro de Comunicación (Exposición oral) T6-Vocabulario sobre a natureza e a saúde. O campo semántico, a hiperonimia e as características dos textos xornalísticos. Obradoiro de Comunicación (unha noticia, unha revista) T7-Vocabulario sobre as actividades de lecer. Os préstamos e as características dos textos da vida cotiá e das relacións sociais. Obradoiro de Comunicación (As emoticonas ou emojis) T8-Vocabulario sobre o campo semántico dos alimentos. Os estranxeirismos e as características dos textos prescriptivos. Obradoiro de Comunicación (O libro de receitas) T9-Vocabulario sobre as pezas de roupa. Os cambios semánticos das palabras e as características e os recursos iconográficos do cómic. Obradoiro de Comunicación (Banda deseñada) |
|
Bloque 3. Educación literaria |
|
Criterios de avaliación |
Obxectivos |
CA3.1. Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodales sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias. |
OBX4 |
CA3.2. Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. |
OBX4 |
CA3.3. Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura. |
OBX7 |
CA3.4. Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subgéneros literarios. |
OBX8 |
CA3.5. Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodales, así como con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura. |
OBX8 |
CA3.6. Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos nos que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios. |
OBX8 |
CA3.7. Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios. |
OBX8 |
CA3.8. Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura. |
OBX8 |
CA3.9. Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos nos que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios. |
OBX8 |
Contidos |
|
-Os textos literarios, subxéneros narrativos, teatrais e expositivos. -Os textos de Literatura popular, cantigas,refráns e o conto de tradición oral. -A lenda coñecendo as súas características. -A poesía lírica coñecendo as súas características. -A versificación coñecendo a métrica e os tipos de estrofas. -Os recursos estilísticos da poesía. -A obra dramática como espectáculo multidisciplinar |
|
Bloque 4. Reflexión sobre a lingua |
|
Criterios de avaliación |
Obxectivos |
CA4.1. Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical. |
OBX5 |
CA4.2. Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual. |
OBX6 |
CA4.3. Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando os cambios a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. |
OBX9 |
CA4.4. Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica. |
OBX9 |
CA4.5. Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipótese e a procura de contraejemplos utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas. |
OBX9 |
Contidos |
|
T1- Gramática: a palabra, lexemas,morfemas, clases de palabras. Ortografía: o uso do alfabeto, dígrafos e sílabas. T2- Gramática: o coñecemento dos substantivos, xénero e número. Ortografía: as regras de acentuación e o uso do acento diacrítico. T3- Gramática: as descricións empregando adxectivos para cualificar os substantivos. Tipos de adxectivos, os morfemas de xénero e número e tamén a súa gradación. T4- Gramática: os determinantes e as súas clases (artigos, demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos, interrogativos e exclamativos) Ortografía: as palabras con h e a diérese. T5- Gramática: os pronomes persoais e a súa colocación. Ortografía: o emprego correcto de b/v e a diferenciación do s/x na pronunciación e na escritura. T6- Gramática: os verbos . Ortografía: a lusofonía. T7- Gramática: as alternancias vocálicas nos verbos. Ortografía: as maiúsculas. T8- Gramática: os adverbios, as conxuncións e as interxeccións. Ortografía: os signos de puntuación. T9- Gramática: a sintaxe e os elementos fundamentais da oración. |
OBXECTIVOS LINGUA GALEGA 1º ESO
OBX1. Describir e apreciar a diversidade lingüística da península ibérica e do mundo, analizar a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, do portugués, catalán e eúscaro) e as características dialectales do galego para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos, valorar a diversidade e crear vínculos socioafectivos coa lingua galega.
OBX2. Comprender e interpretar textos orais e multimodales recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de gozar e de lecer.
OBX3. Producir textos orais e multimodales con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX4. Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX5. Producir textos escritos e multimodales coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX6. Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX7. Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e para gozar da dimensión social e cultural da lectura.
OBX8. Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX9. Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía idónea, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escritura como de recepción crítica.
OBX10. Poñer as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.