Skip to content
Economía

4ºESO - Economía y Emprendimiento - Curso 2024/2025


Clase
Tamara González Navós
Es necesario código de acceso
Inscribirse

Acerca de

Na actualidade, a economía e as finanzas ademais de dar a coñecer os elementos e as regras que explican os acontecementos económicos e as consecuencias que se derivan das decisións financeiras proxectan valores relacionados con, entre outros, a solidariedade entre as persoas, a importancia da sostibilidade ou a xestión responsable dos recursos e da desigualdade. Neste sentido, xoga un papel importante a presenza da persoa emprendedora que integra, por unha banda, unha formación económica e financeira e, por outra, unha visión que a anima a buscar oportunidades e ideas que contribúan a satisfacer as necesidades detectadas na contorna, desenvolvendo estratexias para levar esas ideas á acción. Así, xera valor para os demais e innova e contribúe a mellorar o benestar persoal, social e cultural.

O currículo desta materia deséñase coa vista posta nos obxectivos fixados para a etapa de ensino secundario obrigatorio, contribuíndo a desenvolver no alumnado «o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación e o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades». Desenvólvese a partir de aprendizaxes significativas, funcionais e de interese para o alumnado e está organizado ao redor duns obxectivos que tratan de:
1) Promover ese espírito proactivo, que ha de cristalizar nunha cultura de emprendemento persoal, social e empresarial máis áxil e innovadora. Para iso, é necesario que o alumnado realice unha
análise precisa de si mesmo e, con base neste autocoñecemento, adquira formación e desenvolva
habilidades persoais e sociais, así como estratexias necesarias para afrontar retos, xestionar a incerteza e tomar decisións adecuadas para levar o proxecto á realidade.
2) Comprender que a persoa emprendedora debe abrirse camiño nun contexto global cuxos elementos se relacionan entre si. Isto require explorar a contorna, analizando distintos ámbitos, entre outros, o social, o ambiental, o cultural, o artístico, o tecnolóxico e o empresarial, desde unha perspectiva económica, para identificar necesidades e oportunidades que poidan xurdir, atopar os recursos humanos, materiais, inmateriais e dixitais necesarios e aplicalos á realización dun proxecto persoal ou profesional con visión emprendedora.
3) Transferir as aprendizaxes a un plano práctico desenvolvendo un proxecto que abarque todo o proceso, desde a ideación ata a elaboración do prototipo final e a presentación deste na contorna,
entendendo que o prototipo pode ser calquera resultado (un ben, un servizo, ou un produto) que supoña unha solución innovadora e de valor.

Os criterios de avaliación establecidos van dirixidos a comprobar o grao de adquisición dos obxectivos da materia, isto é, o nivel de desempeño cognitivo, instrumental e actitudinal que poida ser aplicado en situacións ou actividades do ámbito persoal, social e académico cunha futura proxección profesional. Os contidos que contribúen a adquirir os obxectivos da materia organízanse en catro bloques. O
primeiro relaciónase coa análise e desenvolvemento do perfil da persoa emprendedora facendo fincapé no autocoñecemento e no desenvolvemento de habilidades persoais e estratexias de xestión para facer fronte a contextos cambiantes e incertos nos que emprender. O segundo lígase á análise das distintas contornas —económica, empresarial, social, ambiental, cultural e artística—,
así como ao desenvolvemento de estratexias de exploración destas que lle permitan ao alumnado identificar necesidades e buscar oportunidades que xurdan nelas, facéndoo consciente de que a contorna vai condicionar a realización dos seus proxectos persoais e profesionais. O terceiro vincúlase á captación e xestión de recursos humanos, materiais, inmateriais e dixitais como elementos necesarios para que un proxecto se leve á realidade. Deste xeito, abórdanse cuestións como fontes de financiamento, recursos financeiros e formación e funcionamento áxil dos equipos de traballo. O
cuarto e último bloque trata de dar a coñecer o método de realización dun proxecto emprendedor desde a fase de ideación ata as de execución e validación do prototipo final. Neste proceso, familiarizarase o alumnado coas metodoloxías áxiles que podería utilizar na aula á hora de realizar o seu propio proxecto innovador. A implementación da materia terá un enfoque teórico-práctico, coa aplicación dos conceptos ao proxecto empresarial.

OBXECTIVOS

OBX1. Analizar e valorar as fortalezas e as debilidades propias e as dos demais, reflexionando sobre as aptitudes, xestionando de forma eficaz as emocións e as destrezas necesarias que promovan unha actitude vital creadora para adaptarse a contornas cambiantes e deseñar un proxecto persoal único, cunha actitude emprendedora que xere valor para os demais.

OBX2. Utilizar estratexias de conformación de equipos, así como habilidades sociais, de comunicación e innovación áxil, aplicándoas con autonomía e motivación ás dinámicas de traballo en distintos contextos, para constituír grupos de traballo eficaces e descubrir o valor de cooperar con outras persoas durante o proceso de ideación e desenvolvemento de solucións emprendedoras.

OBX3. Elaborar, con sentido ético e solidario, ideas e solucións innovadoras e sostibles que dean resposta ás necesidades locais e globais detectadas, utilizando metodoloxías áxiles de ideación e analizando tanto os seus puntos fortes e débiles coma o impacto que poidan xerar esas ideas na contorna, para lograr a superación de retos relacionados coa preservación e co coidado da contorna natural, social, cultural e artística.

OBX4. Seleccionar e reunir os recursos dispoñibles no proceso de desenvolvemento da idea ou solución creativa proposta, coñecendo os medios de produción e as fontes financeiras que proporcionan estes recursos e aplicando estratexias de captación destes para poñer en marcha o proxecto que leve á realidade a solución emprendedora.

OBX5. Presentar e expoñer ideas e solucións creativas utilizando estratexias comunicativas áxiles e valorando a importancia dunha comunicación efectiva e respectuosa para transmitir mensaxes convincentes adecuadas ao contexto e aos obxectivos concretos de cada situación e validar as ideas e as solucións presentadas.

OBX6. Comprender aspectos básicos da economía e das finanzas, valorando criticamente o problema da escaseza de recursos e a necesidade de elixir, así como os principios de interacción social desde o punto de vista económico, para relacionar os devanditos aspectos coa procura e planificación dos recursos necesarios no desenvolvemento da idea ou da solución emprendedora que afronte o reto exposto de maneira eficaz, equitativa e sostible.

OBX7. Construír e analizar de maneira cooperativa, autónoma e áxil prototipos innovadores e sostibles, aplicando estratexias eficaces de deseño e execución, avaliando todas as fases do proceso de maneira crítica e ética e validando os resultados obtidos tanto para a mellora e perfeccionamento dos prototipos creados coma para a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal e colectivo.

 

CRITERIOS DE AVALACIÓN E CONTIDOS

AVALIACIÓN

Los procedimientos e instrumentos a utilizar serán los siguientes:

  1. Observación del trabajo realizado en el aula:

    1. Las intervenciones orales en las puestas en común

    2. La resolución de ejercicios en clase cuando se solicite participación

  2. Actividades trimestrales:

  1. Debates.

  2. Role-playing.

  3. Test online.

  4. Situaciones prácticas.

  5. Lecturas temáticas y preguntas.

  6. Películas.

3. Trabajo trimestral en equipo: En la realización de este trabajo se valorará:

    • Búsqueda de información: realizar una selección útil de los datos y determinar la fiabilidad de la fuente

    • Capacidad de síntesis

    • Presentación clara y ordenada

    • Iniciativa e innovación

    • Capacidad para trabajar en grupo y espíritu colaborativo

    • Expresión escrita y oral

4. Examen escrito en papel

    1. Una primera parte de conceptos teóricos.

    2. Una segunda parte que constará de problemas que abarcarán todos los contenidos estudiados a lo largo de la unidad

 

Concepto

% Calificación

Actividades

20%

Trabajo Trimestral

20%

Prueba teórica escrita

60%