Skip to content
Computadoras

4ºESO - Digitalización - Curso 2024/2025


Clase
Tamara González Navós
Es necesario código de acceso
Inscribirse

Acerca de

O valor educativo desta materia está relacionado coa integración dos seus obxectivos nos contextos do día a día da cidadanía, adquirindo hábitos que se poñen en xogo constantemente nunha sociedade dixital e que se constitúe coma un dos eixes principais do currículo. Esta materia pretende proporcionarlle ao alumnado competencias na resolución de problemas sinxelos á hora de configurar dispositivos e periféricos de uso cotián, así como a capacidade para organizar a súa contorna persoal de aprendizaxe, fomentando a aprendizaxe permanente e o benestar dixital co obxecto de protexer os dispositivos e a si mesmo e contribuíndo a xerar unha cidadanía dixital crítica, informada e responsable que favoreza o desenvolvemento da autonomía, a igualdade e a inclusión. Todo iso, mediante a creación e a difusión de novos contidos e coñecementos para facer fronte á fenda dixital, entre elas a de xénero, e prestándolle unha especial atención á desaparición de estereotipos sexistas que dificultan a adquisición de competencias dixitais en condicións de igualdade.

           A materia afonda nos coñecementos, destrezas e actitudes en competencia dixital cunha metodoloxía práctica e abórdase cun enfoque transversal e continuado ao longo do curso dos contidos necesarios para poder exercer unha cidadanía dixital activa e comprometida de modo seguro, completando o proceso de formación dixital do alumnado.
           Doutra banda, os criterios de avaliación como elemento que permite valorar o grao de desenvolvemento dos obxectivos están enfocados a que o alumnado reflexione sobre a propia práctica tomando conciencia dos seus hábitos e a que xere rutinas dixitais saudables, sostibles e seguras, á vez que críticas, con prácticas inadecuadas. A aplicación deste enfoque competencial conduce ao desenvolvemento de coñecementos, destrezas e actitudes no alumnado que fomentan distintas formas de organización do traballo en equipo e o debate interdisciplinario ante a diversidade de situacións de aprendizaxe que interveñen na materia.
           A materia organízase en cinco bloques interrelacionados: «Dispositivos dixitais, sistemas operativos e de comunicación», «Creación e edición de información e contidos dixitais», «Pensamento
computacional», «Seguridade e benestar dixital» e «Cidadanía dixital crítica».

           O primeiro bloque, «Dispositivos dixitais, sistemas operativos e de comunicación», comprende unha serie de saberes relacionados entre si. Parte tanto do coñecemento da arquitectura e dos
compoñentes de dispositivos dixitais e os seus dispositivos conectados (hardware) coma da instalación e configuración dos sistemas operativos (software) e incide na comunicación entre dispositivos en redes locais e en Internet. Finalmente, aborda as posibilidades que proporciona a internet das cousas. Perséguese traballar con saberes de tipo procedemental, tanto relativos á configuración e conexión de dispositivos como á resolución de problemas que poidan aparecer. Tamén se incide aquí na adquisición de hábitos de reutilización de materiais e aforro enerxético.

          O segundo bloque, «Creación e edición de información e contidos dixitais», trata os aspectos que poden necesitarse para a procura, selección e arquivo da información e tamén para producir documentos e abórdanse temas como a maquetaxe de textos, o tratamento de datos para a xeración de informes e gráficos ou a incorporación de elementos audiovisuais e de realidade virtual nos documentos. Neste bloque incídese na importancia das ferramentas de traballo colaborativo na Rede utilizando unha metodoloxía práctica que favoreza a adquisición de coñecementos, destrezas e actitudes que promovan a creación e a reutilización de contidos dixitais, mantendo unha actitude crítica coa información e de respecto cos dereitos de autor e a propiedade intelectual para unha aprendizaxe permanente. Finalmente, búscase a obtención de habilidades para comunicar e publicar os contidos creados cunha actitude de participación e respecto.

         O terceiro bloque, «Pensamento computacional», trata os fundamentos de algorítmica para o deseño, programación e desenvolvemento de aplicacións informáticas para ordenador, dispositivos
móbiles e web. Preténdese que o alumnado mellore a súa competencia á hora de desenvolver aplicacións para resolver problemas, introducindo mesmo aspectos de intelixencia artificial, e sempre mantendo unha actitude emprendedora e ética.

        O cuarto bloque, «Seguridade e benestar dixital», céntrase nos tres piares da seguridade: os dispositivos, os datos e a integridade das persoas. Busca que o alumnado coñeza e poña en práctica medidas preventivas para lles facer fronte aos posibles riscos e ameazas aos que os dispositivos, os datos e as persoas están expostos nun mundo no que se interactúa constantemente en contornas dixitais. Pon especial énfase en facer consciente o alumnado da importancia de coidar a identidade, a reputación dixital, a privacidade dos datos e a pegada dixital que se deixa na Rede. Neste bloque tamén se abordan problemas como os referidos ao ciberacoso, a suplantación de identidades, os contidos inadecuados e o abuso nos tempos de conexión, asuntos que poden supoñer ameazas para o benestar físico e mental do alumnado. Trátase, en fin, dun bloque de natureza eminentemente actitudinal dirixido a promover estratexias que lle permitan ao alumnado tomar
conciencia desta realidade e xerar actitudes de prevención e protección, á vez que promover o respecto polos demais.

      O último bloque, «Cidadanía dixital crítica», ten por obxecto que o alumnado reflexione sobre as interaccións que realiza na Rede, considerando a liberdade de expresión, a etiqueta dixital que debe primar nas súas interaccións e o correcto uso das licenzas e a propiedade intelectual dos recursos dixitais compartidos. O coñecemento das xestións administrativas e as interaccións comerciais en liña tamén son elementos emerxentes que están presentes neste bloque. Por último, o activismo en liña e a ética na sociedade conectada son temas que van consolidar unha cidadanía dixital crítica do hoxe e do mañá para ir máis alá do consumo pasivo de pantallas, aplicacións ou datos.

OBXECTIVOS

OBX 1. Identificar e resolver problemas técnicos sinxelos e conectar e configurar dispositivos a Redes domésticas, aplicando os coñecementos de hardware e sistemas operativos para xestionar as ferramentas e instalacións informáticas e de comunicación de uso cotián.

OBX2. Configurar a contorna persoal de aprendizaxe interactuando e aproveitando os recursos do ámbito dixital para optimizar e xestionar a aprendizaxe permanente.

OBX3. Desenvolver hábitos que fomenten o benestar dixital aplicando medidas preventivas e correctivas para protexer dispositivos, datos persoais e a propia saúde.

OBX4. Exercer unha cidadanía dixital crítica coñecendo as posibles accións que se realizan na Rede, identificando as súas repercusións para facer un uso activo, responsable e ético da tecnoloxía.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CONTIDOS

EVALUACIÓN

Los procedimientos e instrumentos a utilizar serán los siguientes:

  1. Observación del trabajo realizado en el aula:

    1. Las intervenciones orales en las puestas en común

    2. La resolución de ejercicios en clase cuando se solicite participación

  2. Corrección de los boletines de problemas, ejercicios o prácticas

  3. Trabajo trimestral: En la realización de este trabajo se valorará:

      1. Búsqueda de información: realizar una selección útil de los datos y determinar la fiabilidad de la fuente

      2. Capacidad de síntesis

      3. Presentación clara y ordenada

      4. Iniciativa e innovación

      5. Capacidad para trabajar en grupo y espíritu colaborativo

      6. Expresión escrita y oral

     

     

  4. Examen escrito (primera evaluación)
  • a. Una primera parte de conceptos teóricos.
  • b. Una segunda parte que constará de problemas que abarcarán todos los contenidos estudiados a lo largo de la unidad

5. Examen práctico (segunda y tercera evaluación)

Prueba que se llevará a cabo empleando el ordenador, en el cual los alumnos realizarán ejercicios similares a los realizados en las sesiones prácticas

CRITERIOS DE CALIFICACIÓN

Primera evaluación

Concepto

% Calificación

Actividades

20%

Trabajo Trimestral

20%

Prueba teórica escrita

60%

Segunda y tercera evaluación

Concepto

% Calificación

Trabajo trimestral

15%

Prácticas

55%

Examen práctico

30%